Instante
Uns minutos de infusión, auga fervendo en burbullas perfectas, rebeldes, libres; un turbillón de follas, baile acuático de té, que me recordan a Darjeeling. Soños mesturados con aromas que me embriagan e me volven etérea: a hora do té. Un ritual que precisa do tempo que merece todo o importante na vida. Ás veces, un instante. Un momento de soidade, intimista, pensamentos soltos, tamén eles en ebulición. Unha especie de cerimonia, o universo concentrado nun rito, a vida matizada a través da mirada suave dunha nena, as mans entrelazadas coas feridas incurables gravadas na memoria dunha muller. Un conflito incesante, o caos, a perda do sentido... e a pesar de todo, tomar un sorbo, e sentir moi dentro, como se desprende un pequeno fulgor de esperanza.
* Copyright Maria João Matos
Nenhum comentário:
Postar um comentário