terça-feira, 30 de junho de 2015

CAMPUS FOTO

 NOVA EXPOSICIÓN FOTOFORUM COMPOSTELA. INAUGURACIÓN 2 DE XULLO AS 20:00 


EXPOSICIÓN COLECTIVA ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN CULTURAL FOTOFORUM COMPOSTELA  

A Asociación Cultural Fotoforum Compostela inaugura o vindeiro 2 de xullo, as 20:00 h, a súa última exposición colectiva da tempada 2014/15, no Palacio de Fonseca, en Santiago de Compostela. A mostra está integrada por 46 fotografías realizadas polos membros da asociación.  O título da mostra refírese a un dos aspectos máis importantes da cidade de Compostela: a Universidade. A exposición permitirá dar a coñecer parte do traballo dos fotógrafos  e a súa visión moi persoal das actividades e edificios que simbolizan a vida universitaria. Trátase dun reto fotográfico moi especial, polo apoio que a Universidade imprime en todas as iniciativas do Fotoforum.  A variedade e versatilidade dos traballos producidos ao longo dun periodo de tres meses, neste tempo cada fotógrafo traballou a súa proposta,  constitúe un patrimonio fotográfico representativo da constante actividade xerada polo Fotoforum e da entrega e compromiso dos seus membros.  Esta cita fotográfica remata o programa de actividades expositivas realizado pola asociación na tempada 2014/15. Para esta mostra, o Pazo de Fonseca resulta ser o espazo ideal, situado no corazón do centro histórico, un lugar emblemático de Compostela e da Universidade de Santiago. Actualmente o edificio utilízase como Biblioteca Xeral e está unido ao Colexio de San Xerome (reitorado da mesma Universidade, con fachada á Praza do Obradoiro).  A asociación quere agradecer a súa axuda e colaboración ás institucións que apoiaron desde o comezo este proxecto: o Centro Galego de Arte Contemporánea, a Universidade de Santiago , o Concello de Santiago de Compostela e a Diputación de A Coruña.

Nenhum comentário:

Postar um comentário